domingo, 7 de junio de 2015

Rock Scissors Paper!! Versión en Inglés

Hello families!!

Recordades o xogo de  "Piedra, Papel, Tijera" pois nas clases de English temos a nosa propia versión : "Rock, Scissors, Paper". 




ENJOY!!
A GOZAR !!
A DISFRUTAR!!

miércoles, 3 de junio de 2015

Let´s go to the zoo!!...or not.

Hello families!!
Este venres 5 de xuño o cole da Barquiña organiza unha excursión  ó ZOO de Vigo. Aquí tedes a canción do ZOO para TODOS E TODAS.

 Aquí a tedes:


https://www.youtube.com/watch?v=OwRmivbNgQk


Enjoy it!!
A gozar!!
A disfrutar!!!

sábado, 30 de mayo de 2015

PETE THE CAT´S BACK!! PETE THE CAT ESTÁ DE VOLTA!

PETE THE CAT´S BACK!!
PETE THE CAT ESTÁ DE VOLTA!!

HELLO CHILDREN  AND FAMILIES!!!

Esta semana Pete the Cat volveu ás nosas clases de Infantil da Barquiña. O seu lema é "It´s all good" ("Todo vai ben") e coas súas historias móstranos a súa maneira de ver a vida.

Con él repasamos cores , aprendemos expresións novas e incluso iniciámonos na resta en inglés (e así repasamos tamén a nosa canción das sumas 1+1 =2 . Recordádela? Aquí a tedes   )


Todas e todos temos algo en común con Pete the Cat. Sabedes o que é??

                         THE BELLY BUTTON!! 

Se queredes ver o que é aquí tedes a historia:
"Pete the cat: My four groovy buttons"


Pero cando coñecimos a Pete the Cat, non tiña BUTTONS, tiña SHOES!!!

"PETE THE CAT: I LOVE MY WHITE SHOES" foi a última historia dos talleres/workshop 2013/2014. Apareceu na Revista Escolar BARCAMARES  2013/2014 . Na páxina 56 Sergio e Xoana (que xa están en Primeiro) , Daniel (Infantil C), Simón (Infantil A) e moitos máis lucían orgullosos coma se fosen Pete the Cat. Acordádesvos?



Aquí vos deixo a historia :


ENJOY IT!!
A GOZAAAAAAR CON PETE THE CAT!!



P.S: THANK YOU VERY MUCH FOR WATCHING!!
P.D: MOITAS GRAZAS POR VER ESTE BLOG!!








jueves, 16 de abril de 2015

Workshops songs!! As cancións dos talleres!!

         
 W E       LOVE    A N I M A L S


A música é a protagonista nas clases de Inglés nas aulas da Barquiña. No primeiro taller  as  SPIDERS  foron as grandes protagonistas. Aquí tedes a canción protagonista:

INCY  WINCY  SPIDER


A canción a podedes atopar na seguinte web xunto con outras moi interesantes indicadas para os/as máis pequenos/as.




O segundo taller :   FROM  HEAD  TO  TOE



Un gran libro gravado nun vídeo onde podemos escoitar a canción do mesmo nome.  Que viva Eric Carle!! Que GRAN autor!!!


Este mércores INAUGURAMOS o terceiro taller !!

                           DINOSAURS !!!

Continuamos aprendendo partes do corpo grazas a canción 
"Dinosaur, dinosaur song".



Esta canción pertence á editorial Oxford...

Tamén a podemos escoitar en youtube premendo no seguinte enlace:




Seguiremos informando...










martes, 14 de abril de 2015

Incy Wincy Spider!!

Ola de novo familias!!Hi again! ¡Hola de nuevo!

Mañá comeza un novo taller/obradoiro/workshop e con esta nova entrada do blog quería deixarvos unha pequena mostra do bo traballo que fan os pequenos e as pequenas  de Infantil nos obradoiros de Inglés cada mércores.

No primeiro workshop traballamos unha canción que aprendemos un pouco o ano pasado e a reforzamos este ano os/as nenos/as de catro e cinco anos. Para os/as de tres anos é nova pero a aprenderon de forma abraiante.

Aquí tedes as presentacións levadas a cabo polas clases de Infantil A, Infantil B, Infantil C e Infantil D.

Desexo que vos guste! Animádevos a comentar!!


INFANTIL A






INFANTIL B



INFANTIL C






INFANTIL D





WE LOVE INCY WINCY SPIDER!!



Graciñas por ver este blog !!
Thank you for watching!!

Berta

jueves, 9 de abril de 2015

See you soon Eric Carle!! Ata pronto Eric Carle!!

Hello again!! Ola de novo!!¡¡Hola otra vez!!


O mércores 8 de abril rematou o segundo taller de Inglés "From head to toe" (Da cabeza ós dedos dos pés) escrito por Eric Carle. Neste taller aprendemos os nomes de moitísimos animais: penguin, giraffe, buffalo, seal, gorilla...e repasamos outros que xa sabíamos como son cat, elephant and monkey.

Tamén aprendemos a expresión "I can do it" (Podo/son capaz de facelo) xa que os nenos e as nenas da Barquiña poden facer moitísimas cousas!!!


Coñecimos a historia e escoitamos a canción  que a podedes escoitar facendo click na portada do conto.

Aquí tedes cinco minipresentacións dos cinco equipos que forman os talleres. A calidade non é moi boa (aínda estou aprendendo) pero prometo que mellorarán ( como di a canción "I can do it").


 A ver a quen atopades nas presentacións...







Good luck!!
Boa sorte!!
¡¡Buena suerte!!

Animádevos a poñer algún comentario...

See you soon !!!

jueves, 26 de marzo de 2015

Happy Easter!! Feliz Semana Santa!!

Ola familias!!
Esta semana estamos aprendendo vocabulario e cancións relacionados coa Pascua no Libro  LIM  HAPPY EASTER. 


Déixovos o enlace:

http://engalego.es/almacen/lim10/easter/easter.html

Elaborado por Belén Junquera. 

Aquí tedes máis actividades relacionadas con Easter:

1.- Coloured Eggs and  Jelly Bean match-up.

      Neste xogo hai que ter moita memoria. Atoparedes as parellas??
      Seguro que sí! Try it!!

 
http://www.thekidzpage.com/freekidsgames/games/concentration/eastermatch.swf

      
 2.- Video: "Inside an Easter Egg. A kid´s Easter Story".
       Neste vídeo podemos observar e escoitar como pode ser un  
       Easter egg. 


https://www.youtube.com/watch?v=P09FiCLhd1Q



3.- Create your Easter Egg:
     Nesta páxina podemos deseñar os nosos Easter Eggs.


     
 http://www.sheppardsoftware.com/holidays/easter/paintandmake/paintandmakeeastereggs.html



 

Enjoy your holidays!!
A gozar das vacacións!!
¡¡A disfrutar de las vacaciones!!