jueves, 16 de abril de 2015

Workshops songs!! As cancións dos talleres!!

         
 W E       LOVE    A N I M A L S


A música é a protagonista nas clases de Inglés nas aulas da Barquiña. No primeiro taller  as  SPIDERS  foron as grandes protagonistas. Aquí tedes a canción protagonista:

INCY  WINCY  SPIDER


A canción a podedes atopar na seguinte web xunto con outras moi interesantes indicadas para os/as máis pequenos/as.




O segundo taller :   FROM  HEAD  TO  TOE



Un gran libro gravado nun vídeo onde podemos escoitar a canción do mesmo nome.  Que viva Eric Carle!! Que GRAN autor!!!


Este mércores INAUGURAMOS o terceiro taller !!

                           DINOSAURS !!!

Continuamos aprendendo partes do corpo grazas a canción 
"Dinosaur, dinosaur song".



Esta canción pertence á editorial Oxford...

Tamén a podemos escoitar en youtube premendo no seguinte enlace:




Seguiremos informando...










martes, 14 de abril de 2015

Incy Wincy Spider!!

Ola de novo familias!!Hi again! ¡Hola de nuevo!

Mañá comeza un novo taller/obradoiro/workshop e con esta nova entrada do blog quería deixarvos unha pequena mostra do bo traballo que fan os pequenos e as pequenas  de Infantil nos obradoiros de Inglés cada mércores.

No primeiro workshop traballamos unha canción que aprendemos un pouco o ano pasado e a reforzamos este ano os/as nenos/as de catro e cinco anos. Para os/as de tres anos é nova pero a aprenderon de forma abraiante.

Aquí tedes as presentacións levadas a cabo polas clases de Infantil A, Infantil B, Infantil C e Infantil D.

Desexo que vos guste! Animádevos a comentar!!


INFANTIL A






INFANTIL B



INFANTIL C






INFANTIL D





WE LOVE INCY WINCY SPIDER!!



Graciñas por ver este blog !!
Thank you for watching!!

Berta

jueves, 9 de abril de 2015

See you soon Eric Carle!! Ata pronto Eric Carle!!

Hello again!! Ola de novo!!¡¡Hola otra vez!!


O mércores 8 de abril rematou o segundo taller de Inglés "From head to toe" (Da cabeza ós dedos dos pés) escrito por Eric Carle. Neste taller aprendemos os nomes de moitísimos animais: penguin, giraffe, buffalo, seal, gorilla...e repasamos outros que xa sabíamos como son cat, elephant and monkey.

Tamén aprendemos a expresión "I can do it" (Podo/son capaz de facelo) xa que os nenos e as nenas da Barquiña poden facer moitísimas cousas!!!


Coñecimos a historia e escoitamos a canción  que a podedes escoitar facendo click na portada do conto.

Aquí tedes cinco minipresentacións dos cinco equipos que forman os talleres. A calidade non é moi boa (aínda estou aprendendo) pero prometo que mellorarán ( como di a canción "I can do it").


 A ver a quen atopades nas presentacións...







Good luck!!
Boa sorte!!
¡¡Buena suerte!!

Animádevos a poñer algún comentario...

See you soon !!!