sábado, 30 de mayo de 2015

PETE THE CAT´S BACK!! PETE THE CAT ESTÁ DE VOLTA!

PETE THE CAT´S BACK!!
PETE THE CAT ESTÁ DE VOLTA!!

HELLO CHILDREN  AND FAMILIES!!!

Esta semana Pete the Cat volveu ás nosas clases de Infantil da Barquiña. O seu lema é "It´s all good" ("Todo vai ben") e coas súas historias móstranos a súa maneira de ver a vida.

Con él repasamos cores , aprendemos expresións novas e incluso iniciámonos na resta en inglés (e así repasamos tamén a nosa canción das sumas 1+1 =2 . Recordádela? Aquí a tedes   )


Todas e todos temos algo en común con Pete the Cat. Sabedes o que é??

                         THE BELLY BUTTON!! 

Se queredes ver o que é aquí tedes a historia:
"Pete the cat: My four groovy buttons"


Pero cando coñecimos a Pete the Cat, non tiña BUTTONS, tiña SHOES!!!

"PETE THE CAT: I LOVE MY WHITE SHOES" foi a última historia dos talleres/workshop 2013/2014. Apareceu na Revista Escolar BARCAMARES  2013/2014 . Na páxina 56 Sergio e Xoana (que xa están en Primeiro) , Daniel (Infantil C), Simón (Infantil A) e moitos máis lucían orgullosos coma se fosen Pete the Cat. Acordádesvos?



Aquí vos deixo a historia :


ENJOY IT!!
A GOZAAAAAAR CON PETE THE CAT!!



P.S: THANK YOU VERY MUCH FOR WATCHING!!
P.D: MOITAS GRAZAS POR VER ESTE BLOG!!